Presentación

Seaga é unha sociedade mercantil pública autonómica, a cal actúa en consideración de medio propio e de servizo técnico da Administración Xeral e do sector público autonómico de Galicia, atendendo a diversas actuacións, tales como, obras, traballos e prestación de servizos en materias agrícolas, gandeiras, forestais, acuícolas, pesqueiras, marisqueiras, de desenvolvemento rural, de conservación e protección do medio natural e ambiental, especialmente, destacando a súa intervención na prevención e loita contra os incendios forestais.

Novidades

Ampliación do prazo de presentación de solicitudes

SEAGA amplía o prazo de presentación de solicitudes para o ingreso, actualización de méritos e modificación de perfís nas listas previas de contratación de persoal temporal, en diversas categorías, que permanecera aberto ata o vindeiro 9 de novembro.