Seaga é unha sociedade mercantil pública autonómica, a cal actúa en consideración de medio propio e de servizo técnico da Administración Xeral e do sector público autonómico de Galicia, atendendo a diversas actuacións, tales como, obras, traballos e prestación de servizos en materias agrícolas, gandeiras, forestais, acuícolas, pesqueiras, marisqueiras, de desenvolvemento rural, de conservación e protección do medio natural e ambiental.