Presentación

Seaga é unha sociedade mercantil pública autonómica, a cal actúa en consideración de medio propio e de servizo técnico da Administración Xeral e do sector público autonómico de Galicia, atendendo a diversas actuacións, tales como, obras, traballos e prestación de servizos en materias agrícolas, gandeiras, forestais, acuícolas, pesqueiras, marisqueiras, de desenvolvemento rural, de conservación e protección do medio natural e ambiental, especialmente, destacando a súa intervención na prevención e loita contra os incendios forestais.

Novidades

O prazo de presentación de solicitudes para o ingreso nas listas de Capataz permanece aberto ata o día 17 de Febreiro de 2020.

Para obter máis información poden consultar no menu EMPREGO ou chamar ao teléfono 981.546.127